O pazo dispón de 3 cuartos sencillos y 9 dobres (uno especial), todos eles con baño completo, televisión e teléfono. Os amplos espacios comúns con dous comedores e tres salóns permiten, ademais do descanso, organizar reunións e comidas de empresa.
Na casa pódese gozar dun almorzo buffet con gran variedade de doces caseiros, friames propios e froitas da horta; así como dunha cea con menús típicos da zona composta por tres pratos e dúas sobremesas. O recinto amurallado que rodea a casa acolle viñedos e xardíns e ten máis de 10.000 m2, formando un marco idóneo para o descanso e o gozo da natureza.
As completas instalacións deportivas vinculadas á casa -piscina, pistas de tenis, campos de fútbol… – complementan as súas instalacións.
A casa conta con servicio de lavandería e admite animais.
Tarxetas de crédito | Conexión a internet | Complementos de aseo | Admite animais (previo aviso) |
Salón común | TV en habitacións | Lavado de roupa | Café-bar |
Salón de reunións | Capela | Aluguer de bicicletas | Parking |
Biblioteca | Restaurante | Xardín | Actividades Agropecuarias |
Tenis | Sala de TV | Camas supletorias | Sala de Xogos |